Setenta obras son candidatas aos premios Follas Novas

Os premios Follas Novas do Libro Galego, organizados conxuntamente pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG), finalizou a segunda fase de selección de candidaturas sobre os títulos publicados en Galicia entre decembro de 2022 e novembro de 2023. Desta segunda fase de selección, realizada por un xurado, resultaron escollidos arredor de setenta títulos, seis por cada categoría como é tradicional nestes galardóns.

Nas próximas semanas, o xurado escollerá os tres títulos finalistas e, xa en maio, daranse a coñecer as obras gañadoras na gala dos premios Follas Novas que terá lugar no Teatro Principal de Santiago o vindeiro 11 de maio, sabado.

Os premios Follas Novas reúnen a todos os sectores do mundo do libro e da literatura, organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, co patrocinio da Xunta de Galicia, Concello de Santiago, Deputación da Coruña e CEDRO (Centro Español de Dereitos reprográficos).


Listado de categorías e candidaturas Premios Follas Novas 2024

PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACION
As bicicletas si son para Galicia. Catro Ventos Editora.
Carmiña Sierra: a primeira muller do Seminario de Estudos Galegos. Aurora Marco. Alvarellos Editora.
De Galicia a Mauthausen. Alba Garrido. Editorial Galaxia.
Melpómene entre nós. A reelaboración dos clásicos gregolatinos na dramaturxia galega contemporánea. Iria Pedreira Sanjurjo. Edicións Laiovento.
Os corpos inscritos e os textos escritos. Xénero, moda e literatura. Rebeca Baceiredo. Edicións Xerais de Galicia.
Ser Cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo. Francisco Xosé Fernández Naval. Editorial Bululú.


PREMIO Á OBRA DE DIVULGACION
Fanzines en Galiza. Unha breve e intensa historia da autoedición. Ramon Mariño
Fernández. Edicións Laiovento.
Gárgolas en Compostela. Benxamín Vázquez. Fotografías de Xaime Cortizo. Alvarellos Editora. Consorcio de Santiago.
Historia do fútbol femenino en Galicia. De Irene Gonzalez a Vero Boquete. Hector Pena. Editorial Galaxia.
O Benshi de Galicia. O arrebato cinematográfico de Rey Soto. Manolo Gonzalez. Alvarellos Editora.
O cento voando. Amores, alianzas e monogamias. Andrea Nunes Brions e Ánxela Lema (coord.). Edicións Xerais de Galicia.
Unha historia da arte galega. Carlos López Bernárdez. Edicións Laiovento.


PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA
A muller xabaril. Fina Casalderrey. Edicións Xerais de Galicia.
A parte fácil. Ismael Ramos. Edicións Xerais de Galicia.
Cinco corujas. Susana Sanches Aríns. Através Editora.
Coa man esquerda. Xabier Quiroga. Edicións Xerais de Galicia.
Hotel Carioca. Anton Riveiro Coello. Editorial Galaxia.
Ninguén contará a verdade. Pedro Feijoo. Edicións Xerais de Galicia.


PREMIO Á OBRA INFANTIL
A botella de lentellas. Leticia Barbadillo. Edicions Xerais de Galicia.
Daniel no peirao. Paula Carballeira e Eli García. Editorial Galaxia.
E que vai ser? Adelaida Vidal e María Montes. Baía Edicions.
Federico. Jesus Castro Yañez e Ivan R. Triqueta Editora.
Monstr3s. Laura Parrula e Óscar Villán. Patasdepeixe Editora.
O día que choveron gatos. Eva Mejuto. Edicións Xerais de Galicia.


PREMIO Á OBRA XUVENIL
A tribo do mar. Lois Perez. Edicións Xerais de Galicia.
Burbullas de calma serena. Andrea Maceiras. Cuarto de inverno.
Furia. María Reimondez. Edicións Xerais de Galicia.
Noite no cemiterio. Carlos Vega. Boadicea Editora.
Nom estamos quebrades. Nee Barros. Cuarto de inverno.
Segredos soterrados. Xabier Domínguez e Alba de Evan. Edicións Xerais de Galicia.


PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO
A parte dos anxos. Carlos Lago (i) e Emma Pedreira. Aira Editorial.
A visita. Anna Font (i) e Nuria Figueras. Kalandraka.
Cando chega o outono. Marina Rey Noya. Aira Editorial.
Maldiño, a vergoña da familia. Esteban Souto. Antela Editorial.
Maruja Mallo. Enigmaticamente única. Bea Gregores (i) María Canosa. Editorial Bululú.
O gran libro dos nosos montes. Blanca Millan. Cumio Editorial.


PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR
Estou ocupado! R.J. Peralte e Blanca Millan. Cumio Editorial.
Fago o que podo. Afra Torrado. Rodolfo e Priscila.
O grande aviario. Eli García. Antela Editorial.
O paso do noroeste. As aventuras do capitán Duchesnoy. Primitivo e Xabier Queipo. Editorial Galaxia.
Os suicidantes. Tomas Guerrero e Diego Ameixeiras. Edicións Xerais de Galicia.
Xaora. Ana Moreiras. Aira Editorial.


PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA
Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatios LGTBIQA+. VV.A. Edicións Xerais de Galicia.
Colección Cademaia. Edicións Laiovento.
Colección Clásicos Ilustrados. Aira Editorial.
Colección de poesía Filomena Dato. Apiario.
Colección Tambo de poesía. Coord. Luís Rei Nunez. Kalandraka.
Miudiños (Rosalía de Castro e Luís Seoane). Xabier Domínguez e Alba de Evan. Cumio Editorial.


PREMIO Á OBRA TRADUCIDA
A campá de vidro. De Sylvia Plath. Celia Recarey. Irmas Cartone.
As gratitudes. Delphine de Vigan. Xavier Senín. Editorial Hugin e Munin.
As iluminacións. De Arthur Rimbaud. Tamara Andres e Oriana Mandez. Kalandraka.
Deiche os ollos e miraches as tebras. De Irene Sola. María Alonso Seisdedos. Kalandraka.
Morte accidental dun anarquista. De Darío Fo. María Alonso Seisdedos. Editorial Galaxia.
Trompeta. De Jackie Kay. María Reimondez. Editorial Hugin e Munin.


PREMIO AO LIBRO DE POESIA
Diarios 1 / Azul Monforte. Anton Lopo. Edicións Espiral Maior.
Enxertos. Dores Tembrás. Apiario.
Imago. Helena de Carlos. Kalandraka.
Retratos de vodas, partos e funerais. Silvia Penas. Editorial Galaxia.
Salón de Té. Lupe Gomez. Edicións Xerais de Galicia.
Sonora. Chus Pato. Edicións Xerais de Galicia.


PREMIO AO LIBRO DE TEATRO
Daniel no peirao. Paula Carballeira. Editorial Galaxia.
Faise o escuro. Carme Varela. Edicións Positivas.
Festas de gardar. Díptico para a resistencia. Lorena Conde. Cuarto de inverno.
Mambrú volveu da guerra. Carlos Labrana. Edicions Xerais de Galicia.
Perder (2016-2021). Roberto Salgueiro. Editorial Galaxia.
Síbaris. Domingo Villar. Editorial Galaxia.


PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO
Burbullas de calma serena. Andrea Maceiras. Cuarto de inverno.
Ei, Ti! Dinosaurízate! Paula Merlan e Rena Ortega. Triqueta Editora.
Enxertos. Dores Tembrás. Apiario.
Festas de gardar. Díptico para a resistencia. Lorena Conde. Cuarto de inverno.
O gran libro dos nosos montes. Blanca Millan. Cumio Editorial.
Ser cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo. Francisco Xosé Fernández Naval. Editorial Bululú.

 

PREMIO PROMOCION DA LECTURA
As comadres das letras
Biblioteca de Sober. Concello de Sober
Club de lectura en Instagram @contosnalareira
Espazo Lectura de Gondomar
Libraría Cartabon
Revista O Papagaio (o xornal da xente miuda)